deuxpression

Mostra Absurdos gráficos

Davite

“Crise”, momento decisivo e de consecuencias importantes. Esta é sen dúbida a acepción que a min máis me gusta para esta verba repetida ata a saciedade nestes anos. E foi nestes tempos de “crise”, aló polo 2013, cando David e Maite baixo a sinatura  de Deuxpression (contan cun blog en deuxpression.wordpress.com, con acceso dende Facebook e Twitter) comezaron a publicar nas redes viñetas que reflectían o que observaban nestes tempos de “crise”, nestes tempos de cambios nos que estamos inmersos, nos que eu coido que só o tempo nos permitirá ver cunha perspectiva nítida.

Esta é a reflexión á que chego despois de ver e pensar as viñetas coas que nos agasallan dende Deuxpression, algunhas delas teñen un contido na actualidade, pero o común delas coido que transfiren o puramente cotián e profundizan na  crítica máis áceda aos sistemas de organización política ou fan reflexionar  no existencial.

Deuxpresión é un tándem, David esboza unha idea e Maite dálle xeito con cores e debuxo a todas elas(rara é a excepción) , a suma  é o resultado final da idea plasmada na viñeta. Viñetas que fan  que as  leves ao imaxinario propio e un poida poñerlles cara  e escenario aos seus  protagonistas na maioría dos casos, noutras estes parámetros veñen dados,  pero deixan  aberto un oco á súa maneira…

               Lucho de Sedes

Web de Deuxpression

Anuncios