ConcienciArte

Quen somos? Somos un colectivo de persoas con moitas inquedanzas. Xente consciente. Nalgún momento fixemos unha parada para cuestionar as nosas vidas e o entorno. Prodúcese un cambio de estilo de vida en xeral.

Que ofrecemos? Espazo para debater, construír (ou destruír). Para propoñer. Intercambiar. Colaborar. Compartir. Loitar. Xuntarnos para facer forza

Quen pensou por ti? Rexeitar as crenzas erróneas: iso é súper súper fodido. “É que me dixeron que dous e dous son cinco”. Ese é un exemplo típico: dixéronche que non e nin cho cuestionas. Estamos metidos nun círculo vicioso. Por comodidade, por facilidade. Temos instauradas as crenzas dos nosos maiores. Parece que deles herdamos as crenzas que nos limitan pero perdemos o bo que nos deixaron. Por vagancia, a túa propia mente déixase levar. O teu cerebro acomódase. Estamos illados, pero íllaste para te protexer. Competitividade. Estamos alienados, estamos moi afastados de nós mesmos. Temos uns hábitos que nos están enfermando. Enganan á xente á cara. Aneto: “caldo caseiro” ¿Caldo caseiro? Loita contra o Avecrem: un bo cociñeiro seguro que non o usa. Camuflan o veleno que lle poñen á comida: E951, E621, E221… Terían que poñer na comida como no tabaco: “comer isto mata”. O pediatra faloume tan ben do leite materno en po. “Ti toma isto e logo vés por aquí”, dille o médico ao paciente. Á tele chámanlle a caixa parva por algo: non miredes, non vexades, non vos queixedes, non pensedes… O mundo feliz: estar na casa sen chegar a fin de mes vendo na tele a Aznar con Bertín Osborne. A NASA confirma que pode haber vida na lúa xeada de Saturno.

Estamos fartos. Estamos cansados de todo: a mentira, o roubo, a explotación, a arrogancia, a corrupción… Pero perdémonos no comentario de bar, na queixa no día a día. Envalentonámonos: “Vou ir alí e vou a…!” E ao final só pedimos outra cervexa. Non lles importa o teu diñeiro: quérenche a ti. Leis inxustas: sacaron outra lei para prohibir… Miopía. A culpa de todo isto é nosa. Non facemos nada. Imos buscar unha aldea abandonada… E montar unha central nuclear e un MCauto.

Vennos como consumidores. Entón temos que actuar como consumidores conscientes. Hai propostas alternativas que se tentan divulgar pero non chegan.

Vivir en profundidade, non podes pasar de puntillas pola vida. E cando atopas algo alternativo a xente mírache raro. Por descoñecemento. Non atopaches a alguén que che dixese: “Non mo creo”, “Pero que flipada estás!”. E cando atopas algo distinto ábreseche un mundo completamente diferente. A forma de ve-la vida, a forma de ve-las cousas. E un día explotoume a cabeza: isto non pode ser, non pode ser isto. Foder, vaia casualidade… ao final: vai ser que nada é casualidade. Todo pasa por algo. Non lle podes dar o poder a ningún home para que mande sobre ti. Teño que escoitarme a min mesmo, como estou?, e ofrecer o que teño dentro. Ser autosuficientes. Cambio de conciencia colectivo. Novo paradigma de vida. Aprendizaxe cultural colectivo. Divulgación de coñecementos colectivos. Temos alternativas. Os dereitos de hoxe foron protestas onte. Aspirar ao mínimo? Non: temos que aspirar á utopía. Sentido do compromiso. Todos nos facemos falta, todos nos necesitamos. Sentíndoo moito, temos que atoparnos.

Non esperes a enfermar ou volverte tolo para reaccionar. A dor: é que a dor é física! Pero nós non somos só algo físico. O binomio alma-corpo? O tanxible: os libros, as fotos, a presenza…

Que nos podes achegar? O importante non é o que fagas. O importante é como fagas o que fagas.

(…)

Só por existir o ser humano coñece e comprende, sendo con iso creador de cultura, pois o acto de vivir é necesariamente reflexivo, dun modo ou outro e en maior ou menor grao. Estar no mundo é facer, actuar. Iso é acumular experiencia e esta, reflexionada, convértese en sabedoría, en cultura colectiva, popular no noso caso, e individual. Ambas van unidas.

Félix Rodrigo Mora

Anuncios