la asociación

Os nosos obxectivos principais son a autonomía e a autogestión cooperativa. Fomentar proxectos de empoderamiento persoal e comunitarios. Revisar valores individuais e sociais. Repensarnos e posicionarnos dentro dun esquema global.

Queremos divulgar e concienciar no noso entrono local de alternativas á vello paradigma (enerxías libre, alimentación consciente, saúde e plantas medicinais, a música e o creativo como instrumentos de sanación).

O Concello cedeunos un local,  a vella Escola de Silvalonga, desde o que queremos dar un espazo a actividades relacionadas con estes ámbitos e tamén que nos axude a conectar cos nosos veciños (grupo de consumo, local de ensaios, charlas informativas, obradoiros…).

Queremos formar parte desa rede de propostas individuais, particulares, asociacións… que están a facer que, entre todos, cremos unha base consistente de información alterna e práctica. Así que se tes algún tipo de proposta que che apeteza compartir ou difundir, non dubides en poñerche en contacto connosco. Iremos colgando no blogue toda esta información.

Pensamos que todas as persoas temos que situarnos a nivel político é dicir: estar informados de todo aquilo que nos afecta, xa sexa a nivel persoal, local ou dentro dunha contorna máis ampla: Ser conscientes de como funciona o mundo no que vivimos. E desde este coñecemento tomar partido desde o lugar que nos resulte máis próximo. É responsabilidade nosa propoñer ou resolver todo aquilo que derive da nosa convivencia colectiva.

Ser máis conscientes e responsables do que nos afecta dáche a posibilidade de vivir máis libre e independente do sutil aparello que se obceca en impoñernos como temos que vivir. Para nós esta asociación, ConcienciArte, é a nosa maneira de facer política.