Obradoiro teatral

con Celia González

Levarase a cabo unha toma de contacto co teatro mediante xogos e exercicios de carácter fundamentalmente práctico para o desenvolvemento dos recursos psicofísicos, e das capacidades expresivas e creativas, Realizaranse xogos dramáticos e técnicas básicas para o funcionamento actoral a través de improvisacións, recreando personaxes, situacións e conflitos a través das capacidades e habilidades expresivas.

kaufgirls_6Célia González. Actriz. Titulada Superior en Arte Dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ( Interpretación Textual). Comeza a súa formación na Escola de teatro de Narón. Traballou en espectáculos teatrais como Saltimbanquis, O gato Manchado e a andoriña Siñá coa compañía Teatro do Morcego, Matanza da compañía Triatreros ou Os Rockenstein de Producións Malasombra. Participou na longametraxe Kauflanders de Olaia Sendón, na webserie Jolideis de Jose Prieto e en curtas como 1/2 de Olaia Sendón. Actualmente imparte clases na Escola de teatro de Narón á vez que é cofundadora da compañía teatral Vía 6.

Fechas: sábados 3, 10, 17 y 24 de xuño

Horario: de 10.30h a 12.30h

Prezo: socios con suma conciencia 20 € / non socios 40 €

Inscripcións: hata o venres 26 de maio.

Información e inscripcións: 649 929 917

Anuncios